A alcaldesa e a concelleira presentando a nova plataforma de emprego.

Ter un emprego é o que permite desenvolver un proxecto de vida con futuro. Por iso, ter acceso a un espazo no que poder ver dun vistazo todas as ofertas de traballo que están activas no teu territorio é unha ferramenta moi útil para axudar a conectar ás persoas que están en búsqueda de emprego e ás empresas que precisan cubrir algún posto de traballo.

Nesta liña, a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodriguez, presentou esta mañá o novo buscador público de emprego do Concello de Marín, “co que queremos axudar a toda a poboación marinense a que poida coñecer de forma sinxela e actualizada cales son as posibilidades de empregabilidade na nosa vila”, explicou a rexedora.

O buscador terá dous partes. Por unha banda, a páxina web e a información das redes sociais, onde se subirán os postos ofertados en tempo real, dándolles toda a visibilidade posible. Por outra parte, crearase todos os meses un boletín de emprego en formato PDF descargable que resumirá nun mesmo documento todas as ofertas vixentes.

“Esta é toda a información para a veciñanza. No que respecta ás empresas, tamén deseñamos unha forma de colgar as súas ofertas moi sinxela, a través dun formulario aberto no que poden subir os datos máis relevantes da súa oferta”, explica a concelleira.

O buscador estréase con tres ofertas: dúas de carretillero/as para o Porto de Maríne o sector frigorífico e outra de persoal de carga e descarga, tamén no recinto portuario. “Ademáis de contactar coas empresas do Porto”, engadiu Rodríguez, “contactamos coas distintas asociacións empresarias da contorna, como AJE Pontevedra, Ape Galicia ou Aempe, co obxectivo de ir dando a coñecer o buscador”.

Ademais, tamén se contactou con todo o comercio e a hostalaría local a través do mailing que existe en Marín en Rede, para que tamén saiban desta nova ferramenta e poidan comezar a utilizala.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *