Hoxe chega o terceiro día da Mostra de Teatro de Cangas con importantes estreas para os públicos máis diversos. As 20:00 horas, Cruceiro do Hío ‘Sherezade, Aladino e os tres beduinos’, estrea absoluta de ‘Ghazafelhos’. Subidos en zancos chegan para contarnos a historia das ‘Mil e unha noites’ dun xeito máxico e sorprendente. Espectáculo familiar que contará coa participación do público.
«As 20 horas na Capela do Hospital ‘Nela estaba a forza do mar’, peza performativa e musical da artista multidiscipliar Ana Abad de la Riva. O espectáculo combina narración oral e cantada con artes visuais para mergullarse na realidade dunhas mulleres cheas de forza e marcadas polo tempo. A mesma hora na Alameda Vella ‘Tavole’, espectáculo da compañía Zirko Txosko para público familiar. Peza cun ritmo vertixinoso que levará aos seus personaxes a situacións cotiás e surrealistas a través de acrobacias, técnicas aéreas, maxia e humor.
Por último, ás 22:00 horas no Auditorio ‘La loca historia del siglo de Oro’, das compañías Escalera de Tijera e Z, achegan o retrato dunha España de luces e sombras a través de teatro físico e clown. Reis, clero, pícaros e cómicos narran as andanzas dunha sociedade guiada polos designios de deus e dos reis.
