Moaña chora a morte do activista social e dirixente honorífico da asociación veciños Tirán, Francisco `Paco´ Ferreira. Un colectivo que presidiu durante anos ata que tivo que abandonar a directiva por motivos de saúde a principios deste 2021. De feito, o pasado mes de maio a entidade fíxolle un homenaxe sorpresa e instalou unha escultura no seu nome en agradecemento ao labor e o traballo realizado pola parroquia.
Ferreira atopábase moi delicado de saúde por mor da enfermidade que lle apartaba da actividade social e o último acto no que puidemos velo foi na destrución simbólica da pancarta na que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que tamén presidiu, reivindicaba un novo centro de saúde para Moaña. Foi ás portas da Casa do Mar o 15 de outubro. Un logro no que tivo moito que ver.
A súa morte causou unha gran consternación no tecido social e cultural moañés, tamén no seo do goberno local e, especialmente, entre os veciños da súa querida parroquia de Tirán.