MONTAXE GUINDASTRE PÓRTICO AUTOMOTOR GH82-CANGAS

“Despois de terse recibido por parte da Consellería do Mar, comunicación da Resolución aprobatoria de axudas para a adquisición dun novo guindastre pórtico automotor, marca e modelo GH 82, de 75 Tm, procedeuse á encarga da súa construción á empresa Industrias Electromecánicas GH, S.A.

O pasado 30 de marzo de 2023, comezaron a chegar as pezas fabricadas na localidade guipuscoana de Beasain, trasladadas en tráileres. Durante todo o mes de abril leváronse a cabo tarefas de ensamblaxe e montaxe das pezas, por parte dos técnicos da empresa GH.

Unha vez erixida a estrutura, durante as derradeiras xornadas do mes de abril e a primeira semana de maio, procedeuse á realización de probas de funcionamento, até comprobar que todo estaba en orde e que o equipo se atopa listo para o traballo cotián e continuado.

O pasado día 5 de maio de 2023 entrou en funcionamento con total operatividade, o guindastre pórtico automotor, GH 82 de 75 Tm., no varadoiro de Cangas, construído e financiado con axudas procedentes do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *