A Feira do Mel de Moaña celebrará este domingo a súa cuarta edición nos xardíns do edificio do Concello. Como xa é tradicional reunirá a produtores de mel e de artesanía nunha xornada dirixida ás familias pola súa variedade de actividades para nenos e adultos.
A Feira abrirá ás 11 da mañá e inmediatamente despois arrincará o obradoiro infantil de candeas, pinta-caras e reciclaxe «Cousas de Abellas S.C.» ata as 13:00 horas. En paralelo, haberá teatro na rúa con Aghripina e Modesta que veñen comprar á Feira do Mel.
A actriz María Salgueiro ofrecerá un doce agasallo de mel ás 13:30 horas e ás 14:00 os asistentes poderán entrar no sorteo de produtos relacionados co mel.
Xa pola tarde, ás 17:30 horas, nonicreques e obradoiro de «O Fogar dás Abellas», ás 18:00 horas concurso degustación de mel da Feira para despois merendar de forma saudable. Entre as 18:30 e as 20:00 horas volven Aghripina e Modesta. E para pechar a xornada, ás 19:30 horas actuación do grupo Retrouso de Cela e novo sorteo de produtos da Feira.
Outras actividades culturais para a fin de semana
Ademais da Feira do Mel, o que queda de semana e tamén a fin de semana Moaña está cargada de actividades. Festival de Habaneras este xoves ás 20:00 horas no palco da música, Mitic Minimal o venres ás 19:00 horas no paseo marítimo e o sábado ás 21:00 horas, Concerto Reencontros no palco da música.