O Concello fai pública a imaxe da edición 2023 de ‘Moaña ou teu mellor verán’. Nesta ocasión o lugar escollido para a instantánea portada do díptico, do fotógrafo moañes Diego Seixo, é a recentemente restaurada Torre de Meira, un dos mellores miradoiros que existen en municipio. O mellor lugar para repasar a longa lista de actividades culturais, gastronómicas, deportivas, artísticas e paisaxísticas que recolle o programa para os tres meses de verán. Desde o Festival Intercéltico do Morrazo que arrincará o 27 de xullo ata a festa do Mexillón que se retomará despois dun parón o 6 de agosto. Concertos, roteiros, exposicións, campionatos de traíñas, festivais e cinema compoñen o abanico de eventos ata o 29 de setembro.