O Concello de Moaña acaba as obras de mellora da accesibilidade da beirarrúa no seu tramo próximo á sede da Confraría de Pescadores e a Praza de Abastos. Retiráronse as lastras de toda esa superficie, integrando as árbores e realizando unha rampla de aproximación accesible nun dos extremos. Para iso utilizouse formigón puído con acabado granulado en dúas cores.
Esta mellora foi posible que o Concello realizase esta obra grazas ao convenio subscrito con Portos de Galicia con motivo da obra de renovación do paseo do Con, no cal se estipulaba que o Concello podería realizar obras de mantemento en toda esta área de Portos.
Tamén se fixeron algúns arranxos na rampla de acceso á alameda desde a Ramona, que antes era de formigón e presentaba vultos. Agora cubriuse con baldosas podotáctiles e realizouse unha pendente máis amable.