O próximo día 25 o Concello de Moaña celebra o últimoa dos roteiros divulgativos da súa variante do Camiño Portugués deste ano, coincidindo co día do Galicia e do Apóstolo.
Na xornada anterior encheuse o aforo, e espérase que con motivo do 25 de xullo a afluencia volva ser alta, aínda que quedan unhas poucas prazas vacantes (teléfono 609746170).
A xornada consiste en realizar o traxecto de subida rumbo a Santiago desde a estación marítima ata a zona de marco de Gagán, onde os asistentes poderán parar a comer e un microbus gratuíto recolleralles para levalos de volta á estación marítima de Moaña.
O goberno local seguirá investindo paulatinamente na mellora, sinalización e en máis accións divulgativas, de acordo coa súa PMUS, para poñer en valor esta variante do camiño que os peregrinos xa viñan realizando desde hai anos.
O roteiro será guiada polo arqueólogo local Alexandre paz, e como noutras ocasións estará infestada de información histórica, cultural e paisaxística moi interesante.