As alcaldesas de Cangas e Moaña e o rexidor de Bueu conversando co videpresente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial en Pontevedra.

As alcaldesas de Cangas, Victoria Portas; de Moaña, Leticia Santos; e de Marín, María Ramallo; e o rexedor de Bueu, Félix Juncal, acordaron sumarse ao loito oficial decretado pola Xunta de Galicia e suspender todos os actos durante tres días. Ademais póñense ao dispor das familias para todo aquilo que poidan necesitar nestes duros momentos que viven.

Esta mañá os catro mandatari@s locais, que están con continuo contacto coa Xunta, estiveron presentes na reunión urxente convocada polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, no edificio da Autoridade Portuaria de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *