As alcaldesas de Cangas, Victoria Portas; de Moaña, Leticia Santos; e de Marín, María Ramallo; e o rexedor de Bueu, Félix Juncal, acordaron sumarse ao loito oficial decretado pola Xunta de Galicia e suspender todos os actos durante tres días. Ademais póñense ao dispor das familias para todo aquilo que poidan necesitar nestes duros momentos que viven.
Esta mañá os catro mandatari@s locais, que están con continuo contacto coa Xunta, estiveron presentes na reunión urxente convocada polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, no edificio da Autoridade Portuaria de Marín.