Os alumnos gañadores.

Alumnos do CEIP da Laxe de Marín resultaron gañadores das II Olimpiadas de Patrimonio Cíes-Illas Atlánticas celebradas este domingo na Illa de San Simón.

O grupo participante estaba formado por unha nena e dous nenos de 6ºEP, Mireia, Bruno e Diego, que se esforzaron ao máximo para coñecer a fauna e a flora típica das illas do Parque, descubrindo curiosidades e historias chamativas de cada illa. Acompañados pola súa titora, María Taboada, afrontaron este reto con éxito.

O concurso consistía en preguntas, imaxes e vídeos tipo test. As diferentes fases do concurso ían enfrontando aos participantes ata chegar á final, onde soamente podía gañar un equipo.

O equipo ganador, o do CEIP da Laxe, poderá viaxar cos seus achegados a unha das illas do Parque e descubrila cunha «Visita do explorador», e un lote de libros do Parque.

Dende o centro felicitan a Mireia, Bruno e Diego por participar nesta aventura e superala con nota.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *