Con esta actuación, levada a cabo pola Deputación de Pontevedra, mellórase a seguridade viaria neste tramo tan utilizado da EP-1202
O concello de Medio Rural, Pablo Novas, informou de que xa se remataron as obras de mellora das cunetas de seguridade na EP-1202, entre o cemiterio e a Igrexa do Campo. Esta obra foi levada a cabo pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de garantir o paso dos peóns dunha maneira máis segura, nun itinerario moi concurrido entre o aparcadoiro do cemiterio, que tamén nestes momentos se atopa en obras para mellorar a súa infraestrutura, e o cruce da baixada á Igrexa Parroquial.
Tal e como explicou o concelleiro, “estas obras, aínda que parecen pequenas intervencións, son esenciais para a seguridade viaria no rural, onde moitas veces a peligrosidade das vías para os peóns ten consecuencias fatais. Desde o Concello queremos que todos os entornos, tanto do casco urbano como do rural, estean en perfectas condicións”.