O prazo para solicitar o acendido ten de marxe ata o día 22, incluíndo tamén as fogueiras da celebración de San Pedro
O Concello de Marín recibiu ata o momento 156 solicitudes para acender fogueiras na noite de San Xoán. Así o trasladou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, que indicou que son 40 solicitudes máis ca o ano pasado. Este prazo aínda está aberto ata o 22 de xuño. O formulario para solicitar as cacharelas pode descargarse aquí: https://www.concellodemarin.es/fogueiras-san-xoan-2022/.
En canto as normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.
Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva. As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.
As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente: TELÉFONO DE EMERXENCIAS: 112. A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específicas sanitarias.
Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.
Fogueiras públicas
Por outra banda, tamén haberá a tradicional fogueira pública de Cantodarea, na Praza do Regueiro, organizada pola Asociación de Amijos e Vesiños do barrio. Está previsto que se queimen dúas estruturas de madeira. Ademais, a Asociación de Veciños de Mogor tamén acenderá unha cacharela na barriada.