Zona de sombra na praia de Portocelo.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, valorou moi positivamente a revalidación das Bandeiras Azuis para Portocelo, Mogor, Aguete e Santo do Mar-A Coviña, o que demostra «que traballamos seguindo criterios de sostibilidade, respectuosos e que ofrecemos un turismo e uns servizos sustentables, acordes coa nosa filosofía de defensa da contorna”. Neste sentido, a Bandeira Azul converteuse no símbolo máis recoñecible para os millóns de usuarios de areias, convertido nun estándar mundial de ecocalidad turística.

Aínda así, a nova de non conseguir o distintivo para Loira deixa un gusto agridoce. «Loira é unha praia excelente, pero as analíticas da auga indican que a súa calidade é boa pero non excelente, como esixe Adeac para outorgar a Bandeira Azul. Aínda así, o tratamento que nós lle damos e seguiremos dando a este areal é o mesmo ca o resto de praias de Bandeira Azul, cos mesmos servizos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *