A Festa Corsaria é xa desde hai anos unha data referente no calendario festivo de Marín e de toda a provincia. A historia e a figura de Gago de Mendoza e dos seus corsarios servirá de novo de fío conductor para a diversión que se espera vivir o próximo 17 de agosto, día de celebración da festa. Así a todo, xa desde o día
anterior haberá ambiente corsario coa apertura do mercadiño.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, desvelou que este xoves, día 1, abrirá o prazo para poder solicitar a instalación de mesas na rúa.
“Tal e como fixemos noutros anos, respetaranse os espazos que ocupou xente tradicionalmente coas súas mesas, pero temos espazo de sobra e poden solicitarse as que se queiran”, explicou a edil, que cre que esta edición seguirá a estela exitosa dos últimos anos.
A concelleira explicou tamén que máis cerca da data desveralase o programa completo e daranse máis detalles, tamén do concurso tanto para particulares como para a hostalaría.
Coma sempre, haberá postos e atractivos típicos da época, oficios, música e, por suposto, a recreación nocturna da batalla librada por Gago de Mendoza.