A concelleira mostrando o novo flyer.

A proxección turística de Marín cada vez trata de ser maior para poder ofrecer información e servizos a aqueles que nos visitan durante estes meses de verán pero tamén durante o resto do ano.

Esta mañá, a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou o novo flyer turístico que está dispoñible tanto na Oficina de Turismo como na propia Casa Consistorial e no Museo Municipal Manuel Torres. “Trátase dunha revistiña coa que queremos ofrecer a que nos visita todos os atractivos de Marín. É difícil concentralo todo nun libriño coma este, pero polo menos será unha boa aproximación para coñecernos máis de preto”.

De feito, a concelleira promocionou especialmente un recurso dixital que se acompaña na guía, un Virtual Map que permite percorrer como nun paseo virtual algúns dos puntos turísticos e patrimoniais máis relevantes da nosa vila e que se pode consultar a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/turismo/

Acuña explica que Marín “ten moito potencial a nivel turístico, pola nosa contorna, a nosa riqueza e tradición, o noso ocio e posibilidades, pero aínda temos o traballo de dalo a coñecer máis como un destino turístico sostible, no que unir os intereses de quen nos visita cos da veciñanza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *