A sesión celebrouse ás 20.00 horas no Salón de Plenos e tamén levou entre os seus puntos a aprobación da Conta Xeral do 2022 e a Axenda Urbana
O saldo vexetativo negativo, que supón un problema demográfico, é algo que caracteriza a todos os concellos de Galicia e España. Fomentar que as persoas que viven en Marín se empadroen, se aínda non o están, é unha iniciativa que se apoiou por unanimidade no Pleno da corporación municipal celebrado onte.
Levarase adiante unha campaña de concienciación a través de redes sociais, poñendo ademais o foco nas facilidades que existen a día de hoxe para facer este e outros trámites de xestión municipal a través da Administración electrónica, ao alcance da man de todos os cidadáns a golpe de click e aberta os 365 días do ano.
Ademais, na sesión ordinaria tratáronse diversas cuestións na súa orde do día, entre elas dúas mocións que saíron aprobadas por unanimidade: unha delas, relativa á Finca de Briz.
Que a Finca de Briz é unha xoia turística e natural do noso Concello non é ignorado por ninguén. Por iso, con esta moción acordouse apostar por mellorar aínda máis o mantemento da Finca, investindo, na medida das posibilidades do Concello, os cartos precisos para poder mantela en boas condicións.
Tal e como explicou a delegada de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, “a inversión que se pode realizar nun espazo como Briz é infinita, pero non paramos de facer actuacións”, explicou. Entre elas, nombrou a substitución de tramos de madeira por formigón debido ao mal estado da mesma, a suxección de baldosas de pizarra, a colocación de novas varandas nos parques infantís, o mantemento constante do estanque e do lavadoiro, a eliminación de pintadas e a reparación das desfeitas que se fan por vandalismo…
Tamén se dotou á finca de dinamización social e de ocio, co traslado de servizos esenciais do Concello como as oficinas do CIM, de Servizos Sociais, da Escola Municipal de Música, así como a adquisición do kiosko que está en réxime de concesión ou a celebración dun evento que congrega a 3.000 personas na finca cada ano, como é o Samaín Briz. Aínda así, a concelleira afirmou que “efectivamente sempre se pode facer máis, pero temos que ser realistas cos recursos dos que dispoñemos”.