Edificio do Concello de Marín.

As mulleres interesadas no programa, que retribuirá 10 euros por cada día de asistencia, terán que estar dadas de alta nos Servizos Públicos de Emprego. Poden inscribirse no teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@concellodemarin.es

O Concello de Marín está a seleccionar a 100 mulleres desempregadas para participar no Programa Integrado de Emprego Concello de Marín 2024/2025, para o que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concedeu unha subvención ao Concello de Marín por importe de 176.000 €, aportando os 44.000€ restantes o Concello de Marín ata completar os 220.000 € de orzamento máximo que tería o programa, sendo as presentes subvencións financiadas a través dos fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal.

O programa integrado de emprego Concello de Marín desenvolverá, con carácter obrigatorio as seguintes accións: información, orientación e asesoramento, formación, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prácticas profesionais non laborais, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes e mobilidade laboral.

Ademáis das sinaladas, a proposta do equipo técnico do programa e en función dos perfís das mulleres demandantes, proporanse outras accións, como por exemplo:
● Elaboración de itinerarios personalizados.
● Formación do catálogo de especialidades do SEPE: Cociña básica, Cociña de peixes e mariscos, Aproveitamento de materias primas en cociña, Servizo de comidas en centros sanitarios e sociosanitarios, Técnicas en procedementos de limpeza en aloxamentos, Inglés xestión comercial, Prevención de Riscos Laborais, Técnicas de búsqueda de emprego, Formación de competencias profesionais cara ao emprego, Competencias dixitais básicas.
● Formación non incluida do catálogo de especialidades do SEPE: Módulo de habilidades sociais, Módulo de igualdade, Loxística e distribución de carretilla, Preparación de probas libres para a ESO.

As mulleres demandantes participantes no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa. Medidas de conciliación e inscricións Naqueles casos nos que a persoa participante teña algún fillo menor ou algunha persoa dependente a cargo, o Concello pode facilitar a sua participación no

Programa mediante acordos con garderías, ludotecas ou centros de día, según sexa o caso, según a duración da actividade formativa na que tome parte durante o desenvolvemento do programa.

As mulleres inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego interesadas en participar no proceso de selección terán que poñerse en contacto coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello no teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@concellodemarin.es

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *