Marín destinará 730.744,52 euros á humanización da contorna do mercado municipal de Seixo e deles á que a Deputación achegará 548.058,39 a través do programa de fondos europeos ReacPon. Un proxecto que permitirá mellorar toda esta zona central da parroquia e gañar novos espazos de esparcemento para a veciñanza. O pasado mes de xullo tuvo lugar a expropiación das cinco parcelas afectadas, ocupando unha superficie entre todas de 326 metros cadrados.
A contorna do Mercado de Seixo converterase así nun centro neurálxico, cunha compoñente urbana que mellorará todo o espazo. Segundo explicou o concelleiro de Rural, Pablo Novas, “o obxectivo é crear unha rúa de plataforma única, cun uso prioritario dos peóns e unha praza a nivel que poida permitir usos múltiples de ocio e de lecer”.