Haberá actuacións de Los Coleguitas e de Pop Rock Symphony Fusion e o tradicional memorial dos Chaneiros, que foi presentado esta mañá no Concello
O mes de setembro arranca na vila coa celebración da nosa patroa, a Virxe do Porto, unhas festas nas que haberá música e tradición.
As actividades arrancarán o domingo, 7 de setembro, cun pasarrúas ás 11.00 horas de Pousos da Area polas rúas de Marín. Despois, a partir das 12.30 horas, o Museo do Mar organiza na entrada do Paseo Alcalde Blanco a IV Xornada de homenaxe ás mulleres e homes do mar, coa actuación da Banda de música municipal de Valga.
Xa pola tarde, ás 19.30 horas, será o tradicional Memorial Padre Marino & Antonio Fernández dos Chaneiros, que foi presentado esta mañá no Concello polos membros da asociación folclórica e pola concelleira Marián Sanmartín. Este memorial. Despois da recepción no Concello ás 19.00 horas, a comitiva desprazarase ata a Alameda Rosalía de Castro, onde actuarán os grupos Trébede, Peis d`Hos, Os Chaneiros e Trompos Os Pés. A festa rematará coa actuacións de Los Coleguitas ás 22.00 horas.
O luns, día 8 de setembro, a partir das 11.00 horas o pasarrúas será a cargo de Os de Marín, e ás 12.00 horas, chegará o momento da misa e da procesión, que contarán coa Coral Lembranzas, Airiños de San Xulián e a Unidade de Música da Escola Naval Militar. Finalmente, as festas pecharán coa actuación do espectáculo musical Pop Rock Symphony Fusion, na Alameda.