Nen@s no primeiro día de campamento de Marín. Foto Archivo.

Están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos e o prazo de inscrición abrirase o próximo 2 de maio

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anunciou esta mañá que o luns 2 de maio abrirá o prazo de inscrición para solicitar unha praza nos campamentos de verán de conciliación que ofrece o Concello de Marín, dirixidos a menos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2010 e o 2019. A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link.

O prazo de presentación rematará o 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá antes do venres 28. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30€ por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas coma antes da COVID-19.

Número de prazas e data por centro:
CEIP DA LAXE: 1 – 15 de xullo haberá 75 prazas.
CEIP DA LAXE: 18 – 29 de xullo outras 75 prazas.
CASA DE CULTURA MOGOR: 25 prazas.
CEIP DA LAXE: 1 – 12 de agosto haberá 50 prazas.
CEIP SEIXO: haberá 25 prazas.
CEIP DA LAXE: 16 – 31 de agosto haberá 50 prazas.

En total habilitaranse 300 nos dous meses de verán.

Como novidade o campamento que se viña levando a cabo na Casa de
Cultura de Seixo se traslada ao CEIP Seixo.

Forma de pago

O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal. Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 6 de xuño de 2022. No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 6 de xuño de 2022.

Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 10 de xuño, para o que debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *