A vila de Marín acollerá os días 24 e 25 de xuño o evento “Marín está de Moda”, unha iniciativa que foi presentada esta mañá pola concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e Mar Calvar, responsable da firma “La Boda de Nerea”, que, xunto con “Myhmodels Vigo” impulsa este proxecto.
O evento será eses dous días a partir das 21.00 horas e ten por obxectivo promocionar e dinamizar a oferta comercial do municipio, coa organización dun desfile de moda e complementos dos establecementos locais, que presentarán as mellores propostas da tempada.
Participarán no desfile Acolá, Carmencitas, Mercería Loli, Nayma, Paíno&Maína, Triskel, Alma Libre, Jade e Bollere Moda. Ao rematar estas xornadas, haberá
actuacións en directo dos grupos musicales «Algo Pasa con Mery» e «Gran Garaje»