O coidado e o mantemento do espazo urbano de Marín é fundamental, incluíndo o axardinado e a prantación. Nestas últimas semanas, o Concello vén de plantar un total de 3.400 plantas entre o Paseo Alcalde Blanco e as xardineiras das principais rúas da vila.
No caso do Paseo, que acaba de ser remodelado, tamén que no respecta á súa parte vexetal, plantáronse Anigozanthos, Phormiun tenax Special Red , Carex testacea Prairie Fire, Dietes bicolor, Pennisetum Rubrum-Sky Rocket, Kniphofia uvaria, Tulbaghia violacea, Lantana montevidensis e tres tipos de Phoenix roebelenii.
No resto do casco urbano, escolléronse alegrías e begonias, pola súa durabilidade e colorido.