O Concello de Marín colocará unha placa homenaxe en recordo dos 21 falecidos no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo fai case un ano en augas de Terranova, en Canadá. Con toda seguridade se instalará no Paseo Alcalde Blanco, a pedimento das familias, e podería inaugurarse o próximo 17 de febreiro coincidendo coa homenaxe prevista polo aniversario da traxedia. Precisamente, e ante esta iniciativa do goberno local de Marín, os familiares decidiron facela extensiva a todos os concellos que tamén teñan vítimas mortais no mar entre os seus veciños. Por iso é polo que estean a manter contactos cos seus alcaldes para expoñerlle a idea e arrincarlle o compromiso. Esta tarde facíano co alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Pero a intención dos familiares é ir máis aló e que en Canadá tamén descanse outra placa en recordo dos 21 tripulantes que perderon a vida no barco. Ao longo deste ano solicitarán ás autoridades deste país permiso para que se coloque outro distintivo no municipio de San Juan, a localidade máis próxima ao lugar no que se produciu a desgraza.