O Concello de Marín quixo mostrar as súas condolencias aos familiares e seres queridos de Lourdes Broullón Ferradás, que faleceu recentemente e que formaba parte da Consello Municipal da Muller dende xaneiro de 2016.
Muller activa, comprometida e cun gran sentido do activismo social, formaba parte da Asociación Veciñal de Santa María do Campo. Foi unha das mulleres homenaxeadas durante o acto do 8 de marzo do 2020, adicado ás mulleres coidadoras.
E é que Lourdes era unha coidadora en todas as súas facetas: foi coidadora non profesional dun familiar durante moitos anos, era avoa con responsabilidades
parentais e tamén era coidadora da súa contorna, da terra e da unidade veciñal.
Desde todo o Concello e especialmente desde o CIM, mostramos o noso máis
sentido pésame.