O concelleiro presentando a iniciativa.

Aínda que a celebración do día é o 24, o obradoiro será o sábado ás 12.00 horas e está dirixido a todos os públicos, a partir de 8 anos, e sen necesidade de ter nocións de debuxo previas

O concelleiro de Novas Tecnoloxías e Xuventude, Hugo González, presentou a actividade que se fará en Marín para celebrar o Día das Bibliotecas, que se conmemora o xoves 24. Será un obradoiro de banda deseñada coa ilustradora coruñesa Inés Vázquez e terá lugar o sábado en horario de mañá, a partir das 12.00 horas.

Será unha actividade dirixida para toda a familia, recomendado que participen nenos e nenas a partir dos 8 anos e para a que non será preciso ter nocións previas. A práctica consistirá en facer unha páxina de cómic seguindo os consellos e ensinanza da ilustradora.

Inéz Vázquez estudou Comunicación Audiovisual durante un ano, despois do cal decidiu apostar pola ilustracións e os cómics, cursando tres anos na escola de O Garaxe Hermético, de Pontevedra. Tras participar en diversos fanzines e colaborar en proxectos de ilustración, deu o salto ao mundo da animación facendo ilustracións preparatorias (layouts) para Lighthouse Studios (Irlanda).

En 2015 e 2016 foi merecedora do segundo premio do certame Xuventude Crea, na categoría de Cómic, da Xunta de Galicia. Entre as súas obras destacadas están:
● If You Give a Mouse a Cookie (serie de animación: layouts), Amazon Prime, 2020
● Licor café (cómic), Demo Editorial, 2017

● Escenarios da Prehistoria (exposición: ilustración), Museo de Pontevedra, 2016
● 221BD (cómic), Retranca Editora, 2015
● A vila dos debuxantes do norte (cómic), Retranca Editora, 2014

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *