O día da Liberación, o 4 de abril, colocarase no monolito da rúa Serafín Tubío a coroa de loureiro como recordatorio da xesta de Juan Gago de Mendoza ao mando das Alarmas do Morrazo que plantaron cara ás tropas francesas.
O acto institucional por coincidir en Semana Santa posponse ao martes día 11 de abril ás 19.30 h da tarde no museo Manuel Torres.
A entrega do Premio Liberación 2023 recaerá en dona Julia García Domínguez a titulo póstumo, recentemente falecida e viúva de don Ceferino Nogueira. A súa proximidade, atención a calquera proxecto social que se lle expuxese, a súa implicación e enerxía fixeron sementar moitas sementes que sen dúbida axudaron en moitas e moi boas causas. O seu anonimato sempre e a súa discreción foron implícitas en cada unha das causas nas que se implicaba.
A entrega do premio será recollida pola súa familia