Marín, tras dous anos de pandemia, volve celebrar a Semana Santa. O primeiro día será mañá, Venres de Dolores, cando ás 20:00 horas terá lugar unha misa e, posteriormente, a procesión. O Domingo de Ramos, bendición na Praza do Reloxo e ás 12:30 eucaristía no Templo Novo.
O Xoves Santo, 14 de abril, ás 19:00 horas, misa Cea do Señor e tres horas máis tarde, ás 22:00 horas, Hora Santa. As procesións e o Santo Encontro terá lugar ás 00:00 horas.
O Venres Santo ás 11:00 horas procesión e alzado do Cristo Crucificado, ás 12:00 horas Vía Crucis dos mozos. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, os Santos Oficios, o Desencravo e a Adoración. A xornada culminará coa procesión do Santo Enterro ás 22:00 horas.
O Sábado Santo oración ante o Sepulcro ás 11:00 horas e unha hora e media despois vixilia Pascual. Para pechar esta semana santa ofrecerán un ágape aos asistentes.