Pablo Novas durante a supervisión dos traballos de roza.

Despois dos desbroces levados a cabo polo Concello durante todo o ano, entramos na última fase e intensificamos os traballos. As intensas chuvias que se viviron nesta primavera-verano obrigaron a reforzar os desbroces habituais de camiños, tanto nas parroquias como no casco urbano.

Neste mes de agosto que comeza hoxe, será a quenda dos traballos nos núcleos na zona 4, que se corresponden con:
🔹 Pardavila
🔹 Fixón
🔹 O Pozo
🔹 Cadrelo
🔹 Silvestre
🔹 Troncosa
🔹 Esperela
🔹 Ruanova
🔹 Sobreias
🔹 Ameal

🔹 Oubiña
🔹 Currás
🔹 A Torre
🔹 Cernello
🔹 Igrexario de Santomé
🔹 Allariz
🔹 Miñán
🔹 Candóns
🔹 Pastoriza

Por outra banda, onte comezaron os traballos de limpeza e desbroce do intenerario peonil que une a Escola Naval con Lapamán a través da PO-551. Nos próximos días levarase cabo tamén a senda na PO-313 entre Coirados e Cadro e as beirarrúas de San Xulián.

Estes traballos faránse simultáneamento xunto co repaso de zonas nas que se desmadrou a maleza despois de ser desbrozadas en primavera: A Raña, Viñas Blancas, Bravos, Arealonga ou O Pitanxo. Xa de cara a finais de mes empezarase a limpeza dos montes do concello, que se prolongará durante o mes de setembro.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, asegura que «nos últimos dez anos melloramos notablemente en materia de desbroces, pasando de acometer algúns moi puntuais a ter un plan integral do municipio, para o que se destinan moitos máis recursos, tanto económicos como humanos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *