O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, presidiu a Comisión Especial de Contas celebrada este mediodía no Concello na que se aprobou este documento técnico
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, presidiu a Comisión Especial de Contas, na que participan os mesmos membros da Comisión mensual de Facenda, e na que se aprobou a Conta Xeral de 2019.
Esta conta pon de manifesto a xestión realizada no aspecto económico e orzamentario do Concello, sendo como unha especie de balance e de fotografía do que se realizou durante ese exercicio a nivel financeiro.
Trátase dun documento técnico, elaborado polo departamento de Intervención, que agora pasará a exposición pública durante 23 días e que despois será validado polo Pleno de xaneiro de 2021. Finalmente, será remitido ao Tribunal de Contas.
Este ano dáse a peculiaridade de que se amplía o prazo de presentación desta conta até o 22 de xaneiro de 2021, debido á paralización de trámites que se produciu durante o Estado de Alarma provocado pola Covid19.
A nivel endebedamento, Santos destacou que o exercicio 2019 foi pechado sen ningunha débeda con ningunha entidade financeira. Por outra banda, o remanente de tesourería para gastos xerais ascende a 2.588.291,53 euros.