Cerca de 70 mulleres ciclistas daranse cita esta fin de semana na nosa vila, coa celebración da primeira edición da Xornada de Tecnificación Mulleres Ciclistas, que convocará a carreteiras, ciclocrosistas, beteteiras, endureiras e descenders o 2 e 3 de setembro no colexio do San Narciso.
O evento foi presentado esta mañá no Concello por parte da alcaldesa, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; o secretario da Federación Galega de Ciclismo, David Carrillo, e a ciclista do Club XSM, Irene Trabazo.
O venres pola tarde será o turno de catro ponencias, a cargo de Lucía González, campiona de España CX; Alicia González, ciclista do Movistar Team; Eva Castro, campiona de España de DH&4X e a propia Irene Trabazo, campiona de Galicia CX.
O sábado, a xornada comezará por la mañá con adestramentos a cargo deTrabazo e Castro e continuará pola tarde con dúas charlas, unha sobre nutrición deportiva, a cargo da nutricionista e campiona de España de XCO & CX, Lucía Vázquez, e outra sobre psicoloxía deportiva, que impartirá a psicóloga Blanca Izquierdo.