Hai 54 sitios nas 3 carrozas libres. Poderán participar os nados entre o 1 de xaniro de 2028 e o 30 de xuño de 2022. A inscrición realízase en Alcaldía, presencialmente ou por mail
O Concello de Marín abrirá mañá o prazo para a inscrición na Batalla de Flores, que se celebrará o 10 de xullo ás 22.30 horas. Partirá dende as instalacións do Porto, á altura de Nodosa, pasando pola Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura do Parque Eguren.
Poderán participar nenos e nenas nacidos entre o 01 de xaneiro de 2018 e o 30 de xuño do 2022, tendo preferencia empadroados en Marín. No caso de nenos ou nenas de menor idade, será responsabilidade exclusiva do pai, nai ou titor legal.
Os nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022 deberán ir acompañados dunha persoa adulta, que terá que ir acompañando disfrazada coa indumentaria acorde ao motivo da carroza correspondente. Este ano, as temáticas son a abella Maya, Cenicienta e Pinocho.
Ademais, deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo acompañado de copia do DNI do solicitante e do responsable acompañante fi sicamente nas Ofi cinas de Alcaldía do Concello ou por correo electrónico, na dirección alcaldia@concellodemarin.es antes do 7 de xullo de 2025.
Haberá unha reunión previa o martes 8 de xullo ás 21:00h. no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específi cos para que a batalla de flores se desenvolva con total seguridade, tanto para as persoas participantes, como tamén para as que gocen do espectáculo.