As ONG´s de Marín coa concelleira tras alimentos recollidos.

Esta iniciativa, organizada polas ONGs en colaboración co Concello, implica ao alumnado de moitos dos centros educativos
da nosa vila.

A Semana da Solidariedade, organizada polas ONGs coa colaboración do Concello, conseguiu recoller máis de 1.000 quilos de comida entre o alumnado dos centros educativos de Marín. Desde o Goberno local e as asociacións, queren agradecer profundamente a colaboración a todos os centros educativos da vila que participaron desta iniciativa, así como aos alumnos e alumnas de todas as idades, que non dubidaron en poñer o seu grao de area nun momento tan solidario.

Actividades para esta fin de semana
VENRES 20
● 17.00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL e XUVENIL, con participación dos Bailes de Nadal das Zumbis de Marín. Parque Eguren.
○ Aberta ata o 7 de xaneiro
○ HORARIO:
■ Zona infantil: 11.30-13.30 / 17.00-21.00
■ Zona xuvenil: 12.00-14.00 / 18.00-22.00
● 18.30h. Festival de Nadal da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Biblioteca Vidal Pazos.
● 19.00h. Entrega de PREMIOS do Concurso de CONTOS DE NADAL. Ateneo Santa Cecilia.
SÁBADO 21
● 11.00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín. Organiza: Asociación Pousos da Area.
● 17.00h. V GALA BENÉFICA “Fai realidade a súa ilusión”. Organiza: Asociación Botón de Ancla. Salón de actos IES Illa de Tambo.
● 17.00h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil A BOLBORETA ROSETA, da Agrupación de Teatro As Fedellas. Organiza: Asociación de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. Centro
Comercial Morrazo.
● 11.00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
● 17.00h. Carroza de PAPÁ NOEL polas rúas de Seixo e a partir das 18 h actividades infantís no Mercado de Seixo, organiza ACEMAS e Concello de Marín
● 18.30 – 20.00h. Recepción de PAPÁ NOEL na Alameda, organiza Concello de
Marín
DOMINGO 22
● 12.00h. PAPANOELADA MOTEIRA. Percorrrido: saída da Praza de España, Vial de Praias, Seixo, Castro, rúas do centro urbano… finalizando na Alameda. Organiza: Galicia Solidarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *