O Concello de Marín continúa cos traballos de desinfección e limpezas enmarcados nas
esixencias que contempla o decreto de nova normalidade.
Desta vez, a empresa Servisub encárgase de realizar estas tarefas cun equipo de traballo
que conta con todos os EPIs e elementos de seguridade correspondentes.
Para o Concello, é fundamental realizar con frecuencia estas limpezas de tal xeito que a
cidadanía poida gozar de xeito seguro do espazo público.