José Francisco Gil Dopazo, preoeiro das Festas do Carme 2021.

O pregoeiro das Festas do Carme 2021 será Jose Francisco Gil Dopazo, membro do grupo Picuíña e un rostro de esperanza e de superación fronte á pandemia que aínda estamos a vivir e que nos fixo pasar momentos durísimos nos últimos tempos.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, recibiron a Gil no Concello esta mañá para conversar con el e presentar o seu pregón, que se lerá o venres, 9 de xullo, na Alameda, ás 21.00 horas e que suporá o pistoletazo de saída para as Festas do Carme.

Jose Francisco padeceu a enfermidade da Covid19 o pasado ano. A pesar de ter as primeiras probas negativas, os seus síntomas eran compatibles ca enfermidade e ao final a infección deu a cara. O avance da enfermidade levouno ao ingreso por unha neumonía bilateral.

Despois de moito esforzo e loita do seu corpo para vencer á enfermidade, Jose Gil superouna e pronto comezou retomar as súas actividades no noso Marín: as andainas, a música, a participación veciñal… “Para nós é a viva imaxe da superación, da esperanza á que nos debemos aferrar nesta nova etapa na que a pandemia parece estar nunha situación moito mellor pero que non nos pode facer baixar a garda e, sobre todo, non nos pode facer olvidar”, explicou a rexedora.

Xunto a Jose, no pregón estarán acompañándoo o grupo Picuíña. Programación completa, xa na web! Por outra banda, xa se pode consultar a programación de Un Verán Con Xeito, o verán de Marín.

Pode consultarse a través desta web e os establecementos de hostalaría que teñan interese en incluir a súa programación poderán facelo enviando os eventos a prensa@concellodemarin.es: https://www.concellodemarin.es/unveranconxeito/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *