Durante os catro anos o seu grupo, o seu equipo e el mesmo exerceron unha oposición moi crítica co goberno local, primeiro con Xosé Manuel Pazos e, despois, coa súa sucesora, Victoria Portas. A súa experiencia política, o seu empeño e o seu profundo coñecemento de Cangas fíxolle gañador de batallas públicas cuxas consecuencias beneficiaron aos veciños. O seu último logro, axuntar na súa candidatura a Cangas Decide e a Cidadáns para facer unha dereita máis forte.
MN.- ¿Qué balance faría destes catro anos de goberno?
ES.- O balance indudablemente é malo. Un goberno que comezou con 14 concelleiros e remata con tres o di todo. Foron catro anos perdidos onde só foron aprobados uns orzamentos o que demostra que foi un goberno inoperativo e sen capacidade de xestión. Durante a precampaña e no que levamos de campaña son moitos os veciños e veciñas os que se queixan do estado de abandono no que se atopa a vila e que é palpable en todas as áreas como por exemplo no deporte con instalacións deportias sen mantemento que se caen a cachos, se cargaron o programa municipal de Deporte Escolar ou os retrasos no abono de subvencións. Poderíamos falar no ámbito medio ambiental cun problema de vertidos cronificado sen que se tomen medidas de calado, eso sí, se gastan 16.000 euros en poñer unhas cantas estacas e un cordel na praia de Rodeira. Ou no ámbito das infraestructuras, no que non se fixo nada a pesar de ter gastado nos últimos 8 anos 130 millóns de euros. E nós, como moita veciñanza, nos preguntamos: ¿onde meteron eses cartos?…
MN.- ¿E cree que tivo algún acerto?
ES.- Lamentablemente houbo poucos. A renovación do alumeado público que, a trancas e barrancas, se levou a cabo sería un deles. Todavía non se cobrou a subvención pero agardamos que todo se entregara en orde e que non xurdan problemas…
MN.- Describiu antes as principais queixas do veciños pero desde o punto de vista político ¿en qué se fallou para que a situación actual sexa a que nos di?
ES.- O principal erro foi a falta de diálogo e pretender gobernar Cangas en minoría sen falar con ninguén. Non se atendeu aos principais problemas do noso concello. O PXOM leva anos no caixón, temos o tema da variante, os terreos do CIS, o PMUS e un longo etc… Non se cumpriron os acordos plenarios, non se responderon as preguntas realizadas pola oposición, non se facilitou a documentación en tempo e forma pese a que logo presumían de transparentes e se gastou sen control levantando sistemáticamente reparos de intervención como sinala o propio Consello de Contas no seu informe. A candidatura que eu encabezo
busca revertir de pleno esta situación.
MN.- Se tivese que poñer nome ao seu principal rival ¿cal sería e por que?
ES- A apatía. Creo co noso principal rival é que cale na veciñanza o sentimento de que non se pode facer nada para cambiar a situación na que se atopa Cangas. Por ese motivo levamos moito tempo traballando en presentar unha alternativa seria e responsable, con experiencia e
renovación para encarar con garantías o próximo mandato.
MN.- ¿Podería dicir que se presenta cunha candidatura renovada?
ES.- Dende logo. Entre os 11 primeiros da lista hai 6 nomes novos respecto ao 2019. Unha renovación que alcanza ao resto da lista con perfís moi variados.
MN.- ¿Qué primou á hora escoller ás persoas do seu equipo?
ES.- Manter un equilibrio entre experiencia e a necesaria renovación. O contar cun equipo con capacidade de gobernar dende o minuto un. Non nos presentamos para aprender senón para traballar por Cangas.
«O noso principal rival é que cale na veciñanza o sentimento de que non se pode facer nada para cambiar a situación na que se atopa Cangas»
MN.- ¿Houbo unanimidade interna para apoiarlle como candidato ou houbo outras opcións?
ES- A miña elección como candidato foi unánime. O partido está máis unido que nunca para conseguir o noso obxectivo: o cambio en Cangas.
MN.- ¿Cómo ve á esquerda de Cangas?
ES.- Moi perdida e dividida. Este mandato as formacións de esquerdas tiveron 14 concelleiros no pleno da corporación e xa miramos o que pasou. Non teñen proxecto. Só son capaces de poñerse de acordo en non deixar gobernar ao Partido Popular. En nada máis.
MN.- ¿E á dereita tras a súa unión?
ES- A diferencia do que acontece na esquerda fomos quen de alcanzar acordos, centrarnos no importante, en Cangas e os seus problemas. Somos un proxecto de maioría que está sempre aberto a novas incorporacións e propostas que permitan facer unha Cangas mellor.
MN.- ¿Pactaría con algún partido da esquerda se o necesitase para gobernar?
ES.- É unha situación moi improbable. Casi diría que política ficción. Nós temos claro co importante non é o quen senón o para qué. Temos autonomía para chegar acordos. Outras forzas non poden decir o mesmo. Xa o vivimos neste mandato. A esquerda aplica a política de bloques neste concello. Todo vale con tal de non deixarnos gobernar. Prefiriron un goberno de tres concelleiros cun de 7.
MN.- ¿Cales son as súas principais propostas para Cangas?
R- Queremos poñer a disposición do SERGAS os terreos para o CIS, poñer a andar a construcción da variante, conseguir recuperar o recinto das Naves de Ojea, poñer en marcha un Plan de Vivenda, un Plan Director para a dinamización da Praza de Abastos, a construcción dun aparcadoiro soterrado no centro que de servizo aos residentes do casco vello e aos clientes dos comercios, urbanizar as estradas de entrada a Cangas, crear unha Concellería do Rural para atender debidamente as parroquias, un Plan de Camiños para cada parroquia que permita un mantemento real e eficiente dos viais municipais, facer do xacemento do Facho o primeiro 100% accesible, incrementar as actividades dirixidas aos maiores e todo o ano, recuperar o Programa de Deporte Escolar e o Programa Municipal do Bono Comercio, mellorar o transporte público ás parroquias e un longo etc.
Temos un programa xeral con ata 100 medidas para o póximo mandato e 10 específicos para cada parroquia. Todas realistas e realizables que responden as demandas achegadas pola veciñanza e colecAvos. É un proxecto ambicioso e ilusionante para o que precisamos o apoio de todos e de todas e para o que con- tamos cun equipo de primeira para levalo a cabo.
«O primeiro ano ten que ser adicado a programar os proxectos que queremos realizar»
MN.- Como ben coñece pola súa profesión, e xa detallou a súa intención de traballar por un CIS, a Sanidade é un piar fundamental e común en todos os partidos ¿qué ten previsto facer para solucionar as carencias?
ES.- Hai pequenas actuacións que promovimos dende a oposición que supuxeron importantes melloras como unha nova unidade de radioloxía, un novo psiquiatra, unha nutricionista, un PSX e un Equipo de atención domiciliaria (ESAD). Ademais temos o compromiso de ceder
no primeiro ano de goberno os terreos ao Sergas para a construcción dunha nova infraestructura sanitaria que suporá un antes e un despois na atención sanitaria de Cangas e de toda a comarca.
MN.- ¿Qué será o primeiro que faga se logra a Alcaldía?
ES.- O primeiro que faremos é coñecer con detalle a situación da que partimos. Cangas leva 8 anos co goberno máis opaco da súa historia que non só non respondeu as preguntas formuladas pola oposición senón que tampouco respondeu aos requerimentos realizados por outras institucións como a Valedora do Pobo. Por experiencia, sei que o primeiro ano ten que ser adicado a programar os proxectos que queremos realizar ao longo de todo o mandato. Catro anos parece moito tempo pero da para o que da. O que non se programa dende o comezo logo non da tempo a realizalo.