Estado no que quedou o vehículo.

Faltaban vinte minutos para as sete da mañá cando se rexistraba un accidente na rúa Ramón Cabanillas de Moaña, á altura do número 144. Un vehículo que circulaba en dirección á parroquia de Meira saíuse da vía causando danos a outro coche e ao moviliario urbano.

O condutor resultou ferido leve e foi trasladado en ambulancia. A Policía Local informa de que se investigan as causas do accidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *