Os operarios da empresa encargada de executar o Plan de Pavimentación de Camiños Rurais están en marcha coas limpezas previas que se levan a cabo nestes viais para poder iniciar despois a mellora do firme.
Así o comunicou o edil de Medio Rural, Pablo Novas, que explicou que nestes momentos están á altura de Pena e Caeiro. En total, actuarase en máis de 3.000 metros de camiños de titularidade municipal, cunha inversión superior aos 250.200 euros.
Este paquete englobará a mellora do pavimento nos seguintes camiños:
● O Carregal, Pena e Caeiro, na parroquia de San Xulián
● O Cruceiro do Vento, na parroquia de Mogor
● Castro e A Brea-O Barrio, na parroquia de Seixo
● Ameal-Oubiña e Sobreiras, na parroquia do Campo
● O Pereiro e O Pozo, na parroquia de Santomé de Piñeiro
● Loira e Saíde, na parroquia de Ardán