O Concello iniciou esta semana as obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro. Así o informou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que acudiu á zona para comprobar o arranque dos traballos.
O firme e a explanada atopábanse nun estado de conservación deteriorado, por iso levarase a cabo a construción dunha estrutura de contención e a formación dun novo firme máis ríxido. Tamén se limparán as cunetas.
A obra foi adxudicada á empresa a Construcciones Caldevergazo por un importe de 37.268,00 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.