O templo vello de Marín.

Estes días comezaron colocarse os andamios para levar a cabo os traballos de restauración que limparán a fachada, resolverán problemas de humidade e reformarán as campás

O Templo Vello iniciará estes días a segunda fase da restauración que porá en
valor esta Igrexa de Santa María do Porto, de altísimo valor patrimonial que conta
con máis de catro séculos de historia.

Estas obras levaranse a cabo grazas á inversión que realizará o Goberno da Xunta
de Galicia, a través da Consellería de Cultura, cun orzamento de 150.000 euros.
Nesta segunda fase, resolveranse os problemas de humidade, actuando sobre o
exterior da basílica.

Concretamente, limparase a fachada principal, restaurarase a portada principal e
as portas exteriores, redefiniranse os elementos da fachada sur e mellorarase o
rexuntado. Ademais, está previsto que se leve a cabo a restauración das campás.

A primeira fase levouse a cabo no 2017, coa que se conseguiu eliminar as
filtracións de auga e mellorar a ventilación, acadando unhas mellores condicións
ambientais no interior do templo. Nesta primeira parte a administración
autonómica xa investira 60.000 euros.

Segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa visita á
igrexa o pasado mes de marzo, os traballos contan cun prazo de execución de 6
meses.

Máis de catro séculos de historia

A Igrexa de Santa María do Porto é un ben catalogado que está incluido no Plan
Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Emerxe sobre un promontorio preto do
porto e iniciou a súa construción no ano 1603, baixo a direción do mestre García
Arce.

Volve a actividade ao seu interior

Tal e como explica a parroquia Santa María do Porto, coa fin das restricións
sanitarias, a partir do mes de novembro volverá celebrarse culto e a partir deste
domingo, os rapaces que están a preparar a Confirmación terán a catequese
neste templo ás 11.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *