Un pequeno incendio nunha frutería próxima á Igrexa de Santiago alertou esta tarde aos Bombeiros do Morrazo, Policía Local e Emerxencias de Cangas. A alerta produciuse minutos antes das cinco da tarde e quedou extinguido minutos despois.
Segundo explican a Morrazo Noticias afectivos de Emerxencias de Cangas, aínda que había moito fume o lume só afectou a unhas caixas de froita e a unha parede. A orixe puido estar nun sobrecalentamiento da cámara onde se garda a mercadoría.