Empregados e xerencia atopábanse esta mañá ao comezo da quenda de traballo cunhas pintadas de grandes dimensións no valado da empresa de lanchas pneumáticas Neuvisa, propiedade do grupo Rodman. Segundo a xerencia da empresa, xa tomaron as medidas oportunas para esclarecer os feitos e identificouse ás persoas autoras, aínda que non quixeron precisar o número concreto nin dar dato algún sobre as súas identidades.
Quen se manifestou internamente foi o comité de empresa, que enviou un comunicado interno á dirección para condenar este acto e en apoio áo responsable da náutica.
Tanto as pintadas no valado de pedra como no portal principal de acceso ao complexo de Neuvisa xa foron borradas.