A consellería de Sanidade asegura que é algo «puntal» e que o luns retornará o profesional á consulta
O persoal sanitario do centro de saúde de Moaña pon en coñecemento de todos os veciños a través dun cartel colocado na porta do edificio de Concepción Arenal de que «hoxe de tarde non hai ningún médico» porque a única doutora que atende neste horario está hoxe de día libre. Unha situación que a consellería de Sanidade asegura é «puntual» e que estará resolta o vindeiro luns. Destaca tamén o Sergas que non houbo ningunha incidencia e que «está aberto e atendendo» e «si ven que necesitan médico chaman a Cangas o ao 061».
Para a alcaldesa de Moaña e presidenta da Mesa Local da Sanidade, Leticia Santos, a situación é «insostible» ao non haberse resolvido «ningún dos problemas padecemos» en alusión a que non se cubriron as dúas vacantes tras o concurso de traslados. » Ainda non hai nin vos dous médicos que quedaban», lamenta Santos, e lembra que tampouco se devolveron as urxencias.
O Concello ten solicitada unha reunión co conselleiro de Sanidade «que aínda non foi respostada», dixo a rexidora.
Este próximo domingo cúmprense 24 semanas de movilizaicones consecutivas ás portas do centro de saúde moañés para reclamar, ademais da cobertura das vacantes e as urxencias, unha ambulancia de reforzo para a comarca.