A Asociación Cultural de Alfombras de Bueu confeccionará un tapiz floral ás portas do Centro Social do Mar onde terá lugar mañá a Gala de Clausura do Festival Internacional de Curtos 2021. Un manto que comezarán a realizar esta mesma tarde e que os gañadores desta edición terán a honra de ser os primeiros en pisar á súa saída do auditorio.
Hoxe ás 17:00 horas comezarán cos labores de debuxo e recheo para que mañá todo estea listo para o evento.
Para a Asociacion Cultural Alfombras de Bueu é «unha verdadeira honra» o poder colaborar coa Asociacion FIC-Bueu nun acto de tanta relevancia internacional