El ganador, Fran Fernández Davila.

Up/in the air foi o manuscrito que acadou a unanimidade por parte do xurado, que se reuniu telematicamente o venres pola tarde ás 17.30 horas e destacou da obra de Fernández a orixinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia

Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado, de Francisco Javier Fernández Davila, resultou ser a obra premiada no XXII Premio de Poesía do Concello de Marín, convocado polo Día das Letras Galegas. O xurado, composto polos poetas Lara Dopazo, Tamara Andrés, Ismael Ramos, e pola xornalista Susana Pedreira, reuníuse para deliberar sobre as 77 obras presentadas o venres pola tarde, de xeito telemático, e considerou por unanimidade que o manuscrito de Fernández Davila, presentado baixo o sistema de plica, tal e como se pode ler nas bases, era o merecedor para acadar este premio indivisible de 1.000 euros, que lle será entregado no acto institucional do Día das Letras do Concello de Marín.

O xurado destacou do poemario a súa oroxinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia, coa voz poética dunha segunda xeración.

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, foi a encargada de trasladarlle a boa nova ao premiado, que participará no acto institucional do Día das Letras Galegas, programado para o venres 17 ás 12.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Breve currículo

Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974) é enxeñeiro de minas e MBA en Responsabilidade Social Corporativa pola Universidade de Vigo. Comezou a escribir a principios do ano 2016 e diversos obradoiros de escrita creativa impartidos por Clara do Roxo. Desde entón, cultivou a escrita presentándose e recibindo premios en distintos certames ao longo do país:

2016
● Finalista do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo.
● Segundo premio de poesía no X Certame Literario Terras de Chamoso, coa obra Capetón
● Primeiro premio no I Certame de Enxeñería Sen Fronteiras, coa obra Capetón
● Segundo premio de relato no XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar, coa súa obra Aliento de Bronce 2017
● Gañador do Concurso de Relato Curto “A Cividade” de Mos, co relato O Premio
● Gañador do V Concurso de Microcatrorrelato, con As balas de Koch
● Gañador do XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria. 2018
● Primeiro premio de Relato Curto e primeiro Accésit de Poesía da
Universidade de Vigo, con K.A.R.M.A e Dama de Auga, respectivamente
● Vencedor do XVII Certame Antón Avilés de Taramancos, en Noia, o que levou á publicación da súa segunda novela cura Alana
● Primeiro premio do VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galiza de Gipuzkoa, con Trashumántica
● Primeiro premio do XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos, con O Mendigo
● Gañador do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo, coa publicación do seu primeiro libro de poesía Mover os Marcos

● Primero premio no XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por Poemas de aeroporto
● Terceiro premio no VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galiza de Guipuzkoa, por A miña pel en tatuaxes
2020
● Accésit do XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por O matrimonio é unha nasa
● Segundo premio no IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro por mICROrREtRaTOs
● Primeiro premio de poesía Concurso de Relatos y Poemas “Letras con Morriña” de Arxentina, declarado de interese cultural da cidade de Buenos Aires, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado
2021
● XI Concurso de relatos de inspiración científica, con Lúa Negra
● Segundo premio do XV Certame Literario Terras de Chamoso por Rexina 2022
● Premiado no XIX Certame Literario Concello de Ames de narrativa por A extinción dos homes
● Primeiro premio no VIII Certame de Poesía María Mariño de Teo, por The Walking verses ou o ataque dos poemas zombis
● Segundo premio no VI Certame Vilarinhas
● Gañador do XXXVI Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por Incendios

2023
● IX Certame poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón, por kompostela
● VIII Premio de Novela Curta Antón Risco por Primavera
● Primeiro premio de Poesía no XX Certame Literario de Ames por Sobre as linguas en Comala
● XVII Premio Repsol de Narrativa Breve, coa novela Groenlandeia, publicada por Galaxia
● IX Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro por palabras mortas, que publicará Medulia Editorial no 2024

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *