Manchas de sangue na rúa tras a caída.

Un veciño de Moaña de 45 anos sufriu esta madrugada unha caída dun patinete eléctrico en Abelendo pero cando chegou a patrulla da Policía Local xa non estaba no lugar. Segundo as testemuñas, ao oír que chamaban aos servizos de urxencias levantouse e marchouse para o seu domicilio. Foi na súa vivenda onde foi identificado e onde se comprobou que presentaba feridas na cara, aínda que non quixo asistencia médica e fíxose cargo un familiar. Ocorreu na rúa Doutor Soage Hermida ás 4:10 horas da madrugada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *