A foto dunha gañadora que participou nun concurso organizado por Fecimo nunha edición anterior.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), pon en marcha unha nova iniciativa orientada ás redes sociais, á par da Campaña de Nadal, baixo o lema “Ti es o noso mellor agasallo», coa que tenta de acercar os clientes aos establecementos da comarca onde realizan as súas compras nestas datas tan especiais. Trátase de que mostren o seu cariño ao seu establecemento de confianza facéndose unha fotografía da súa visita, podendo así entrar no sorteo de 3 Tarxetas Regalo de 75 euros cada unha. Unha tarxeta regalo por localidade (Bueu, Cangas e Moaña)

Funcionamento
So terán que visitar unha das empresas de Comercio do Morrazo adheridas á campaña, facerse unha fotografía dentro do establecemento ou co persoal do comercio (se levan o gorro de Papá Noel posto, participarán no sorteo dunha tarxeta extra de 75 euros) e subila á plataforma de participación en www.comerciodomorrazo.com, onde terán que loguearse co seu mail ou Facebook para subila.

Os clientes terán ata o 29 de decembro para subir a súa fotografía, realizándose o sorteo o venres, 30 de decembro. Os nomes dos gañadores/as serán publicados nas redes sociais de FECIMO e COMERCIO DO MORRAZO.

Os premios faranse entrega en TARXETAS REGALO no establecemento onde fora feita a fotografía premiada. Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *