A foto dunha gañadora que participou nun concurso organizado por Fecimo nunha edición anterior.

Terá lugar o próximo sábado 9 de setembro no palco da música

Co obxectivo de potenciar o consumo nas empresas de Moaña na tempada de verán e afianzar a marca de «comercio local» entre o público xoven da comarca, ACIMO_Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, entidade integrada en FECIMO, levará a cabo a campaña de dinamización «Sinte o Teu Comercio Local» consistente na celebración dunha gran festa do comercio local o próximo nove de setembro entre as 17:30 e as 22:30 horas no contorno do palco da música da Alameda.

O evento buscará achegar aos clientes da contorna ao comercio de Moaña ofertando unha programación de actividades para tódolos públicos e ampliando os horarios de peche dos establecementos comerciais da vila.

17:30 h:»Zona de obras» Brais das Hortas
18:20 h:»Chungo que te cagas» Peter Punk
19:15 h:»Narracións Imprevistas» Santi Prego e Jorge De Arcos
20:30 h:»Consertasso na Horta» Brais das Hortas
21:15 h:»Peque Disco MocMoc – Revivals» Fin de festa

Desenvolvemento da campaña

A idea principal é premiar as compras realizadas no comercio local da vila entre o 21 de agosto e o 9 de setembro, regalando estes, polas compras superiores a 10€, TIRADAS Á RULETA que se instalará na Gran Festa Final do Comercio Local de Moaña. Por outra banda, se os clientes que realicen estas consumicións teñen fillos/as comprendidos/as entre os 4 e os 12 anos, os comercios entregaranlles PASES PARA OS INCHABLES que se colocarán dito día da festa.

A RULETA conterá distintos agasallos que os clientes conseguirán coas TIRADAS obtidas mediante as compras anteriormente mencionadas, xa que cada tirada terá PREMIO ASEGURADO. Deste xeito, canto máis consuman os clientes no comercio local de Moaña, máis premios ou recompensas obterán na festa final.

Para facilitar a participación da clientela na festa final, as tendas inscritas na campaña AMPLIARÁN OS SEUS HORARIOS comerciais ata as 22:30h, ademais de REALIZAR OFERTAS atractivas para aquelas persoas consumidoras que se acheguen aos seus establecementos.

Campaña organizada por ACIMO_Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, asociación integrada en FECIMO, e Concello de Moaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, colaboran Abanca e Comercio do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *