Suporá unha beirarrúa de ata 3 metros de ancho na marxe dereita da estrada ata o Igresario
REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Hugo Fandiño quere recuperar o proxecto “O vial do Viso ata , O Hío ” Segundo manifestou o Concelleiro de Urbanismo, do PsdeG, «só nós faltan tres persoas para sacar adiante este proxecto que leva demasiado tempo parado. Estamos a facer todo o posible para facer que dunha vez por todas unha beirarrúa duns 2´5 metros a tres de ancho, que irá na marxe dereita da estrada que une O Viso co Igresarío da Parroquia do Hío .
Iste traballo ten un orzamento de case 1.100.000 euros e correrá a cargo da Deputación provincial. Segundo Fandiño, «ésta é a última oportunidade que temos para facer esta obra». Agora só falta chegar a un acordo coas tres persoas que faltan, aínda que segundo manifestou con dúas delas xa están a falar e en breve poden chegar a acordos «polo ben de todos os veciños», indicou. De forma que case se dá por feito que esta obra poida se levar a cabo .
Preguntado sobre que pasará se esa terceira persoa non cede, a resposta é clara, «non imos expropiar a ninguén, pola contra, o proxecto quedará conxelado». Hai que dicir que o Concello farase cargo do que custen os muros de contención e de arrombar os terreos cedidos.