A conselleira de Política Social mantivo encontros con ambos colectivos para coñecer de primeira man súas necesidades así como as actividades que están a desenvolver na actualidade
O Partido Popular de Cangas celebrou sendos encontros coa Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Psíquicos do Morrazo (Aspamsim) e coa Asociación de Diagnósticadas de Cáncer de Mama e Xinecolóxico (Adicam) nas que participou a conselleira de Política Social, Fabiola García. Estas xuntanzas a responsable autonómica puido coñecer de primeira man as súas instalacións e as necesidades actuais de ambos colectivos co obxectivo de que sexan atendidas artellando novas vías de colaboración.
O conselleira, que estivo acompañada polo presidente local do PP de Cangas, José Enrique Sotelo e pola concelleira e membro da candidatura ao Parlamento Galego por Pontevedra, Loli Hermelo, destacou o traballo que realizan ambas entidades e o seu impacto positivo entre as persoas beneficiarias das súas iniciativas polo que subliñou a importancia de que desde as administracións públicas se apoie e facilite a actividade deste tipo de colectivos.
Pola súa banda, Hermelo puxo en valor a visita de García e o seu traballo ao fronte deste departamento autonómico responsable do desenvolvemento de políticas como a gratuidade das escolas infantís, o bono de coidado no fogar e que aporta fondos para outros servizos como o servizo de atención temperá ou o servizo de axuda no fogar do que se benefician moitos veciños e veciñas de Cangas.
García é a cuarta conselleira que visita a vilas na última semana respaldando á candidata popular ao Pazo do Hórreo e manifestando o compromiso inversor do goberno do presidente Rueda tanto neste concello como no conxunto do Morrazo.